CRTVG

Buscar

Evolución favorable no concello do Incio, con 30 altas na residencia de maiores

Publicado o 12/10/2020 14:28

Os veciños do Incio respiran hoxe un maior optimismo e poden celebrar que nas últimas horas foron dados de alta outros 30 usuarios desta residencia de maiores, que chegou a ter 120 afectados entre residentes e traballadores. Din que están xa máis tranquilos, logo de case dous meses de inquedanzas.

En canto o número de casos activos manténse en 22 persoas. Son 12 usuarios deste centro e outro que reside nun dos apartamentos tutelados que ten esta fundación no Incio. A eles hai que engadir 9 traballadores.

Malia que moitos veciños subliñan que a situación mellorou, din que hai que manter todas as precaucións, e saen á rúa o imprescindible.

Este gromo do Incio provocara a morte de 21 usuarios. Puido ter a súa orixe nunha traballadora que resultara contaxiada noutro gromo en Monforte.

A gravidade da situación obrigara a Xunta a intervir este centro. Foi necesario traer persoal doutras residencias e crear dúas zonas separadas e con equipos asistenciais diferenciados, unha para os positivos e outra para os non contaxiados.

Noticias web

12/10/2020