CRTVG

Buscar

Evacuadas por erro praias en Chile por ameaza de tsunami

Publicado o 24/01/2021 03:08
Evacuadas por erro praias en Chile por ameaza de tsunami

Cartel de aviso de evacuación

Dous sismos de 7 e 5,9 graos na escala de Richter sacudiron con apenas 30 minutos de diferenza a Antártida e o centro de Chile. As autoridades do país ordenaron evacuar as zonas costeiras da Antártida por risco de tsunami. Pero por un erro, evacuáronse as zonas costeiras de Chile, operativo no que se viviron momentos de pánico, xa que o país está en plena tempada estival, con milleiros de persoas de vacacións. Tamén foron retiradas 40 persoas da base Bernardo O'Higgins, xestionada pola Armada chilena, así como persoal doutras bases estranxeiras próximas.