CRTVG

Buscar

Evacuada unha muller do incendio declarado no sexto andar dunha vivenda en Santiago

Publicado o 25/08/2019 21:57

Os bombeiros de Santiago traballan nestes momentos nun incendio declarado no barrio das Fontiñas. O lume queimou unha vivenda do sexto andar dun edificio da praza Europa, situada no interior do centro comercial Área Central. Os equipos de extinción intentan apagar as lapas, mentres persoal sanitario atende os feridos. Unha muller foi trasladada en ambulancia ao hospital.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/08/2019