CRTVG

Buscar

Evacúan preto da costa galega unha muller que viaxaba nun cruceiro inglés

Publicado o 11/01/2020 11:57
Evacúan preto da costa galega unha muller que viaxaba nun cruceiro inglés

Unha muller tivo que ser evacuada en helicóptero despois de sufrir un accidente a bordo do cruceiro inglés "Spirit of Discovery", que se atopaba a 65 millas da costa galega cando se produciu o incidente.

Segundo fontes de Salvamento Marítimo, o accidente foi notificado ao centro da entidade da Coruña arredor das oito da mañá. Dende alí, os traballadores informaron a delegación de Fisterra para mobilizar o helicóptero Helimer 401.

 

Preto das 10 o helicóptero chegaba á zona e recollía a muller que sufrira un accidente para levala ata o aeroporto de Alvedro, onde agardaba unha ambulancia do 061. O barco de pasaxeiros de bandeira inglesa viaxa desde a cidade do sur de Gran Bretaña Southampton e ten como destino o porto portugués de Funchal.

Máis sobre A Coruña