CRTVG

Buscar

O País Vasco decide instalar mesas electorais ao aire libre en Ordicia

Publicado o 11/07/2020 15:56

Euscadi acaba de decidir instalar mesas electorais ao aire libre en Ordicia, a localidade máis afectada polo brote. Os que non poderán votar tanto en Galicia coma en Euscadi son as persoas con infección activa de coronavirus confirmada por PCR positiva.

En Galicia a medida afecta a máis de 200 persoas e no País Vasco a preto doutros 200. o Goberno Vasco advirte que os positivos en Covid que voten enfróntanse a un delito de saúde pública. Si poderán exercer o seu dereito ao voto os contactos estreitos pero con PCR negativa.

Noticias web

11/07/2020