CRTVG

Buscar

Europa só recicla o 30% dos 25 millóns de toneladas de lixo que acumula ao ano

Publicado o 21/09/2019 14:55

"Termos unha estratexia internacional en materia de residuos de plástico e na loita contra os residuos mariños é unha necesidade para a vida no planeta Terra, no planeta Auga". Son palabras exactas, pronunciadas esta mañá en Vigo, polo xefe da Representación da Comisión Europea en España

Francisco Fonseca. Xefe de representación da Comisión Europea en España."Os 25 millóns de toneladas anuais de residuos que deixamos os europeos, dos que actualmente só se recicla un 30%... como podemos conseguir que isto se solucione?"


A busca desa solución está na campaña europea "#beachcleanup" ("Limpa a praia"). Non funcionaría sen o corpo europeo de soliedaridade, sen o traballo altruísta dos voluntarios que teñen entre 18 e 30 anos, unha xeración con gran conciencia medioambiental.

Ruth Carrasco. Directora xeral do Injuve "Estannos reclamando, pero eles tamén están actuando, e reclámannos ás administarcións públicas e ás institucións compromisos reais contra o cambio climático e a favor dun planeta vivo para todos e máis san".

O proxecto "litterdrone" que coordina a Universidade de Vigo suma á limpeza en Galicia a innovación dos drons para dar co plástico a vista de paxaro

Fernando Martín. Coordinador de LitterDrone e profesor da universidade de Vigo. "Tamén en máis praias, e incluso en lugares onde a pe é moi difícil acceder, ou onde un dron pode voar máis metros ou quilómetros nun día do que poidan facer os voluntarios a pé"

Para o desenvolvemento desta iniciativa a comisión Europea contou co apoio da Xunta, do Parque Nacional da Illas Atlánticas e do Concello de Vigo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/09/2019