CRTVG

Buscar

Europa recoñece o Programa Nelson Mandela de reinserción que funciona dende hai dez anos en Teixeiro

Publicado o 06/12/2019 21:17

A conselleira de Política Social, Fabiola García, recolleu  en Bruxelas o Premio Europeo de Servizos Sociais polo programa "Nelson Mandela", que facilita a reinserción sociolaboral da poboación reclusa.

Trátase dunha iniciativa que leva dez anos funcionando no cárcere de Teixeiro.  Neste tempo axudou a mais de mil cen persoas a reconstruir as suas vidas despois de sair de prisión. Nos próximos meses, o programa extenderase tamén ao centro penitenciario de A Lama. A candidatura de Galicia impúxose a outras catro de toda Europa. 

O programa "Nelson Mandela" funciona no cárcere de Teixeiro desde 2008. Poden acceder voluntariamente os presos aos que lles queda un ano e medio para rematar a condea. Ingresan nun módulo donde son eles mesmos os que organizan as súas actividades, asesorados por un equipo de traballadores sociais, psicólogos e asesores laborais que lles axuda a desenvolver as habilidades que necesitan antes de retomar as súas vidas en liberdade:

Carlos Santos. subdirector xeral de servizos sociais e xestión económica: "Cada preso está obrigado a participar en dúas actividades pola mañá e dúas pola tarde, para axudalos a que cando saian da cadea teñan boas opcións para desenvolver un proxecto de vida autónomo en boas condicións. E desa maneira ao estar os reclusos familiarizados cos servizos sociais desde antes de saír de prisión, cando saen saben que van ter uns apoios, saen cun plan, cun proxecto de inclusión definido" 


Unha vez fóra de prisión os reclusos continúan recibindo seguemento por parte dos servizos sociais da Xunta e dos concellos para acadar a súa reintegración:

Carlos Santos. subdirector xeral de servizos sociais e xestión económica:"A dirección xeral de Institucións Penitenciarias fala de que o 69 por cento dos presos non reincide. No caso dos que participan no módulo temos acreditado que está por riba do 80 por cento os que non reinciden. É dicir, máis de 11 puntos de diferencial co promedio normal" 

150 reclusos participan cada ano no programa Nelson Mandela en Teixeiro, que o ano que vén comezará tamén no cárcere pontevedrés da Lama.

 

Noticias web

06/12/2019