CRTVG

Buscar

Nova advertencia do Tribunal Constitucional ao presidente do Parlamento de Cataluña

Publicado o 06/11/2019 08:06

Nova advertencia do Tribunal Constitucional ao presidente do Parlamento de Cataluña. Ordenoulle a a Roger Torrent que paralice o trámite para debater no pleno do día 12 unha resolución de ERC, Junts per Cataluña e a CUP sobre o dereito da autodeterminación.

Ao mesmo tempo, o Tribunal Supremo reactivou as euroordes contra os ex-conselleiros cataláns fuxidos a Bélxica e Escocia. Toni Comín, Lluís Puig e Clara Ponsatí xa anunciaron que se presentarán ante a xustiza en cantos os citen.

 

Noticias web

06/11/2019