CRTVG

Buscar

O accidente dun avión de pasaxeiros na cidade kazakha de Almaty deixa polo menos 15 mortos

Publicado o 27/12/2019 17:49

@kazpravda

Nada máis despegar no aeroporto de Amaty, Kazakhstán, un avión de pasaxeiros con 100 persoas a bordo empezou a zarandearse moi forte, segundo contou un supervivente. Inmediatamente despois estrelouse contra un muro de formigón e un pequeno edificio de dous pisos. A parte dianteira quedou metida, e o aparello partido en dous.

As primeiras filas de asentos foron as máis danadas no impacto. Morreron 15 persoas e outras 17 están hospitalizadas en estado moi grave. En total hai 66 feridos, 50 deles ingresados.

O avión, que ía voar á capital do país, tiña as ás conxeladas cando, tralo sinistro, os viaxeiros que puideron saíron polas portas de emerxencias, segundo dixo un deles. Era un Fokker-100 construído en 1996.