Estrea en Compostela de 'O charco de Ulises', do CDG
Publicado o 14/01/2021 20:51
Cambiamos Ítaca por Galicia, o Mediterráneo polo Atlántico. Deixamos a Ulises , pero o noso heroe é o heroe dunha realidade que nos é propia, a da emigración galega.
Na obra do Centro Dramático Galego tamén cambiamos Troia por Bos Aires, mantemos porén a idea do regreso á patria. Onde o agarda, ou non, unha Penélope que pouco ou nada ten que ver coa de Homero.
'O Charco de Ulises', como revisión contemporánea e identitaria que é, promete unha 'Odisea' diferente e, á vez, chea de sorpresas.