CRTVG

Buscar

Estivo detido pola morte dun motorista en Ourense e agora investígano por un tiroteo nunha casa en Piñor

Publicado o 15/07/2020 11:13
Estivo detido pola morte dun motorista en Ourense e agora investígano por un tiroteo nunha casa en Piñor

Un home denunciou que dous homes lle puxeron unha pistola no peito, que o agrediron, ocasionándolle importantes lesións no tabique nasal e que detonaron a arma contra unha porta da súa vivenda.

O dono da casa aseguroulle aos axentes da garda civil que coñecía a un deles. Dase a casualdiade que é a mesma persoa que ingresou en prisión despois de ser detio pola morte dun motorista portugués que viñera pasar as vacacións a Ourense.

Desde que saíu do cárcere, ao parecer, xa se viu implicado noutro accidente máis. A garda civil continúa coas pesquisas para tratar de aclarar o acontecido.

Noticias web

15/07/2020