CRTVG

Buscar

Estes son os 164 concellos galegos con máis de 500 de incidencia acumulada

Publicado o 27/01/2021 23:03
Estes son os 164 concellos galegos con máis de 500 de incidencia acumulada

A Unión Europea lanzou unha proposta para incluír un novo nivel de incidencia acumulada a partir dos 500 casos por 100.000 habitantes. Estaría sinalado cun vermello escuro.

Dada a elevada incidencia en moitas partes de Europa, fíxose necesario este novo limiar para distinguir e acoutar mellor as zonas de alto risco e definir dun xeito máis específico as áreas onde ditar medidas.

Se aplicásemos este criterio a nivel municipal, en Galicia dos 292 municipios no actual nivel máximo (>250), hai 164 concellos que superarían o novo limiar de 500. É dicir, o 56 %.

A continuación deixámosche un mapa e unha táboa en que podes consultar cales son, cantos casos teñen e cal é a súa incidencia (a día 27 de xaneiro con datos consolidados do 26).