CRTVG

Buscar

Esteban, un veciño de Mos de 89 anos, supera o coronavirus

Publicado o 21/04/2020 20:32

A sirena da ambulancia e os aplausos dos veciños eran un sinal de algo bo. E, tras esa porta, está Esteban, un veciño de Mos de 89 anos que superou o coronavirus. Estivo ingresado no hospital Álvaro Cunqueiro case un mes, 15 días na UCI e o resto en planta.

Esteban vive só na paroquia de Pereiras, en Mos, e o seu fillo reside en Madrid. Os seus veciños e familiares estiveron moi angustiados porque tiña doenzas previas. Todos estiveron moi pendentes da súa evolución e tivo tempo para preguntar como estaba a xente. A Policía Local, Protección Civil e a alcaldesa sumáronse tamén ao seu recibimento.

Se hai algo do que fai gala Esteban é do seu bo humor e xa lles comentou aos seus veciños que estaba diposto a celebrar que vencera o coronavirus.


 

Noticias web

21/04/2020