Este venres será día de reencontros cos amigos e familiares tras o levantamento das restricións
Máis da metade dos galegos levan semanas sen poder reunirse con persoas coas que non conviven, unha situación que remata mañá.
Cristina vive en Santiago e leva un mes sen poder saír. Estraña moita xente, pero sobre todo os seus avós: "Non vexo as miñas amigas, nin os meus avós, nin os meus pais", di.
O mesmo lle pasa a Manuel, que conta con ver os seus esta fin de semana, iso si, engade que o fará con todas as medidas de seguridade.
Josefa terá aínda que agardar, o seu fillo vive en Carballo, unha das zonas que aínda ten limitación perimetral. "Levamos un mes sen velos, temos moita ganas de velos nós a eles e eles a nós", engade.
O desexo de ver os nosos non pode facernos esquecer os protocolos de prevención. O catedrático emérito de Medicina Preventiva da USC, Juan Gestal, insiste en que aínda que sexan familiares, se non son conviventes, hai que tomar todas as precaución: máscara, distancia de seguridade e ventilación en espazos pechados.
A prudencia e a responsabilidade individual son fundamentais para evitar dar pasos cara a atrás.