CRTVG

Buscar

Este tempo frío e seco é bo para curar os productos da matanza

Publicado o 09/01/2019 14:41

O tempo frío e seco destes días de xaneiro está a axudar tamén a curar os produtos da matanza. Os chourizos xa están nos fumeiros listos para seren probados e tamén se están a curar as cachuchas, lacóns e xamóns. As empresas que fabrican estes embutidos típicos están a traballar arreo para abastecer a demanda que aumentou moito nestas datas. Nós estivemos hoxe nunha empresa familiar de Riós para ver como elaboran todos estes produtos.

Así de ateigado está hoxe o fumeiro da empresa de embutidos A Matanza de Riós. É o tempo dos produtos da matanza e estes días fríos e secos din que son moi bos para axudar a curar os chourizos, cachuchas e xamóns.

Aquí están elaborando máis de mil quilos de chourizos ao día para abastecer a demanda, que din nestes días de frío e xeadas aumentou moito e nesta pequena fábrica non paran de traballar.

O avellentamento da poación no rural fai que moita xente xa non faga a matanza na casa e veñen ata esta fábrica de embutidos a mercalos, e o frío anima as vendas.

Xa saben, con este frío de xaneiro estamos no tempo de probar os chourizos e os produtos da matanza.



 

Noticias web

09/01/2019