CRTVG

Buscar

A Coruña, escenario da saída dun eco rally para conmemorar a Hora do Planeta

Publicado o 30/03/2019 13:45

Esta tarde, ás oito e media, moitos edificios e monumentos apagarán as súas luces na Hora do Planeta, un movemento mundial para afrontar un dos grandes problemas da nosa sociedade, o cambio climático. Desde a Revista tamén queremos sumarnos a esta chamada de atención. Tranquilos que non imos apagar os focos, senón participar nun eco rally. Como o seu propio nome indica, Raquel Rosa, é unha proba que respecta o medio ambiente.

A Coruña é o punto de saída da primeira proba do Campionato de España de Enerxías Alternativas. Un rally, mellor dito, eco rally, no cal a eficiencia dos vehículos participantes cobra maior importancia que a regularidade. Raquel, por onde transcorre o circuíto e que caracterísitcas teñen que ter os coches?

Noticias web

30/03/2019