CRTVG

Buscar

Este mércores comeza en Santiago o xuízo contra o suposto autor do incendio forestal de Ribeira de 2013

Publicado o 11/03/2019 14:48

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña con sede en Santiago acolle este mércores o inico do xuízo ao único acusado polos incendios que o 27 de agosto de 2013 mantiveron intranquila a comarca da Barbanza. O fiscal pide para o acusado 15 anos de cadea como responsable dun delito de incendio con perigo para a vida e a integridade física das persoas, ademais dunha indemnizacion de máis de 85.000 euros polos gastos de extinción ocasionados e preto de 80.000 polas perdas e prexuízos en madeira ocasionados polo lume que arrasou máis de 182 hectáreas de monte arborizado.

Uns incendios que se iniciaron nun camiño da Carballa, en Palmeira, e que avanzaron con rapidez cara ao Hospital Comarcal e este polígono de Xarás onde aínda hoxe lembran aquela noite.
O xuízo, que se ía celebrar o pasado mes de outubro, tivo que ser adiado pola ausencia dunha testemuña residente nos Estados Unidos e considerada esencial pola defensa do acusado. Está previsto que esta testemuña declare por videoconferencia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/03/2019