CRTVG

Buscar

Ás nove arranca no Congreso a moción de censura ao Goberno presentada por Vox

Publicado o 20/10/2020 21:41

Mañá inciase no Congreso o debate da moción de censura ao Goberno presentada por Vox e que previsiblemente non vai prosperar. O resto de grupos parlamentarios xa anticiparon hoxe que non van apoiar a moción, aínda que o Partido Popular segue sen revelar se se absterá ou a vai rexeitar.

 O presidente do Goberno dixo que acudirá ao debate "coa máxima seriedade" e sobre que a resposta sexa conxunta con Pablo Iglesias, Sánchez recordou que o de España é un Goberno de coalición.

"Todos os ministros son representantes do Goberno, e hai que recordar que este é un Goberno de coalición. Espero, desexo, é o que pido, que teñamos un debate intenso porque intenso é, loxicamente, o momento político, pero desde o respecto", di Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Noticias web

20/10/2020