CRTVG

Buscar

Este domingo comeza a folga en Ryanair contra o peche de bases en España

Publicado o 31/08/2019 20:03

E a partir de mañá comezan os paros do persoal de cabina de Ryanair en España contra o peche das bases da aeroliña en Tenerife Sur, Lanzarote, Gran Canaria e Xirona. Serán os domingos e os venres ata finais do mes de setembro. Os sindicatos convocantes, USO e Sitcpla, manteñen a folga tras a negativa da compañía irlandesa a asinar a última proposta de mediación.

O acordo de mediación comprometía os sindicatos a desconvocar seis xornadas de folga. A cambio, a empresa aceptaría constituír un grupo de traballo coas administracións implicadas; iniciar as negociacións do convenio colectivo; e deixar sen efecto as cartas de despedimento. O xefe de persoal de Ryanair xa advertiu, a través dun vídeo, que a folga só empeora as cousas e podería provocar o adianto do peche das bases, que, segundo dixo, é "irrevogable".
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/08/2019