CRTVG

Buscar

Este ano non se permiten as cacharelas de san Xoán nas praias da Coruña

Publicado o 19/06/2020 21:11


O coronavirus deixaranos este ano sen esta imaxe nas praias da Coruña. O Concello informou que, por responsabilidade, non se van permitir as cacharelas de San Xoán nos areais urbanos, unha celebración que reúne miles de persoas. Tampouco haberá cacharelas nin música ao vivo en ningún lugar público da cidade. Pola contra si estarán permitidas as sardiñadas en espazos de titularidade pública, segundo di o bando muncipal. Porén, os hostaleiros da rúa San Xoán e as da súa contorna, onde esta festa celébrase ao grande, xa anunciaron que por seguridade renuncian a facer sardiñadas ou churrascadas na rúa.

"Reunímonos todos os locais da rúa San Xoán, San Xosé e Orillamar e decidimos que o mellor pola saúde dos veciños e para evitar esa gran afluencia de xente nada, sen churrascada, sen sardiñadas, simplemente abrir de doce da mañá a doce da noite e controlando ocupación", di Adrián Montes

 "Pola saúde dos clientes, pola preocupación dos veciños que tamén temos, que somos unha rúa con moitos bares e entendemos moi ben que os veciños teñen a preocupación de que isto se ateigue e ao final é a saúde de todos e todos loitar polo mesmo fin", afirma Jorge Rilo , da Asociación de Hostaleiros da rñua San Xoán.

O Concello tamén informa de que non se permitirán sardiñadas e churrascadas en parques e zonas forestais e incide e que o día 23 as praias deberán quedar baleiras de persoas ás nove da noite.

Noticias web

19/06/2020