CRTVG

Buscar

Estaleiros Gondán, en Castropol, construirá dez buques eléctricos para unha empresa turística de Portugal

Publicado o 27/10/2020 21:35

Estaleiros Gondán, situado en Castropol, construirá dez buques eléctricos, únicos no mundo, para unha empresa turística de Portugal.

Acaba de gañar o concurso público, competindo con estaleiros de todo o mundo. Os ferris custarán 52 millóns de euros, e cada un deles terá capacidade para transportar 540 pasaxeiros. A noticia foi moi ben acollida na comarca do Eo.

Os alcaldes de Ribadeo e Castropol aseguran que será unha inxección para a economía da zona. Desde a empresa xa adiantan que creará emprego na comarca.

Noticias web

27/10/2020