CRTVG

Buscar

Estafan un veciño de Arteixo con cargos na súa tarxeta bancaria

Publicado o 24/06/2020 13:07
Estafan un veciño de Arteixo con cargos na súa tarxeta bancaria

O equipo de estafas telemáticas da Garda Civil investiga catro persoas por empregar, presuntamente, a tarxeta bancaria dun veciño de Arteixo.

Fixeron cargos por case dous mil euros, que este home denunciou. Os axentes identificaron dous individuos en Toledo, o que permitiu despois destapar toda unha trama de compravenda ilegal de produtos informáticos cuxo destino final era Colombia. Os datos da tarxeta foron adquiridos da chamada darkweb, a zona clandestina de Internet en que adoitan moverse os estafadores deste tipo.

 

Noticias web

24/06/2020