CRTVG

Buscar

Estacións de servizo, dentistas e fisioterapeutas piden ao Goberno servizos mínimos

Publicado o 31/03/2020 21:47


Só en Galicia a asociación que agrupa as estacións de servizo cifra nun 90 % a caída das vendas de combustible dende que comezou a alarma sanitaria. Por iso, a súa demanda é clara: servizos mínimos para garantir empregos e non poñer en risco a súa supervivencia.

Tamén denuncian estar en risco outros colectivos que, desta volta, pertencen á sanidade privada. As demandas dos dentistas e dos fisioterapeutas son moi parecidas. No primeiro caso, co agravante de que cederon todo o seu material de protección ao Ministerio de Sanidade e agora, case sen clientes e cun mercado desabastecido, non poderían exercer o seu traballo con seguridade. Piden o peche das clínicas con servizos mínimos antes de ir á quebra.

Sen solución, sen material, tamén sen clientes e cun reincidente pedimento: ou o peche ou a provisión de EPI. No caso dos fisioterapeutas galegos, a maiores, súmase que a Xunta decretou o 20 de marzo pasado a suspensión cautelar, que contradí as medidas do Goberno central e que os deixa en terra de ninguén.

Noticias web

31/03/2020