CRTVG

Buscar

Estables os tres mariñeiros do Siempre Antares hospitalizados por covid-19

Publicado o 16/11/2020 18:19
Estables os tres mariñeiros do Siempre Antares hospitalizados por covid-19


Tres mariñeiros dun pesqueiro con base no porto de Celeiro, no municipio lucense de Viveiro, permanecen hospitalizados con síntomas da enfermidade covid-19, informa o Sergas.

Dous dos tripulantes do Siempre Antares están ingresados no hospital da Mariña, mentres que o outro foi trasladado ao hospital Lucus Augusti. Os tres mariñeiros enfermos hospitalizados están en situación de "estabilidade", precisaron as mesmas fontes, e engadiron que outro tripulante do barco, de 56 anos, residente en Asturias, faleceu.

Engadiron que hai outros nove tripulantes do mesmo barco que se atopan illados en corentena e o seu estado non require asistencia médica. Ademais figuran outros dous membros da tripulación que deron negativo nas probas de detección de coronavirus mediante PCR, puntualizaron.

Noticias web

16/11/2020