Estabilizan o incendio na serra de Guadarrama
Publicado o 06/08/2019 16:07

O lume afectou unhas 600 hectáreas nas zonas de Miraflores e La Granja. A estas horas, os servizos de incendios da Comunidade de Madrid falan de evolución favorable nos traballos de extinción. O lume está estabilizado grazas aos traballos nocturnos para evitar rebrotes na zona.
Cerca de 300 efectivos das diversas administracións traballan arreo por aire e terra, mentres o SEPRONA reúne información sobre a posible intencionalidade dos incendios.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 21:30
18/01/2021 21:00