CRTVG

Buscar

Controlados os incendios de Porto do Son e Lobeira

Publicado o 06/09/2019 16:17

O incendio que xa se logrou estabilizar esta mesma mañá foi o incendio que comezou na parroquia Miñortos, no Porto do Son, logo do traballo da Unidade militar, en colaboranza con medios aéreos, vinteseis brigadas e dezaoito motobombas. A superficie arborada que se queimou en Porto do Son ascende a 90 hectáreas.

O último incendio de relevancia na provincia de Ourense, tamén está estabilizado. Afectou unhas cincuenta hectáreas de monte raso, maiormente dentro do Parque Natural do Xurés, en Lobeira. Aínda permanecen reténs de control para evitar que o lume reviva.

Os incendios forestais pódense avisar no teléfono 085 e para denunciar a actuación dos pirómenos hai un teléfono gratuíto, o novecentos, oitenta e un, cincuenta, oitenta e cinco.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/09/2019