CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio que queimou 50 hectáreas no concello barcelonés de Capellades

Publicado o 25/07/2019 08:47

En Barcelona, o incendio que afecta o concello de Capellades continúa activo, aínda que os bombeiros conseguiron durante a noite estabilizar o 60 por cento do perímetro.
Preto de 50 hectáreas foron destruídas polo lume que se iniciou nun coche accidentado que posteriormente se incendiou.
Unha estrada local permanece pechada ao tráfico e o lume obrigou a cortar durante varias horas a liña de ferrocarril entre Capellades e Igualada.
 

Noticias web

25/07/2019