CRTVG

Buscar

Estabilizado un incendio forestal na parroquia compostelá de Villestro

Publicado o 28/08/2019 16:45
Estabilizado un incendio forestal na parroquia compostelá de Villestro

Un incendio forestal afectou no mediodía deste mércores a parroquia compostelá de Villestro, onde ardeu arredor dunha hectárea e media de terreo. Segundo informaron fontes da Consellería de Medio Rural, o lume iniciouse sobre as 14,25 horas e quedou estabilizado pouco antes das 16,00 horas.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunha hectárea e media, a maior parte de arboredo, o que provocou unha gran cantidade de fume que se deixou sentir en varios puntos da cidade de Santiago.

Nos labores de estabilización deste incendio participaron dous axentes forestais, sete brigadas, catro motobombas e catro helicópteros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/08/2019