CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio do Parque Natural de Garajonay

Publicado o 25/08/2020 13:47

O vento e as altas temperaturas nas illas Canarias manteñen alerta os equipos de extinción de incendios, que nas últimas horas conseguían estabilizar o lume na illa da Palma. Os efectivos continúan traballando para refrescar a zona e evitar a reactivación dalgúns focos de lume.

O incendio no parque natural de Garajonay afectou unhas 1.200 hectáreas, das que 800 están totalmente calcinadas. Obrigou ademais a evacuar das súas vivendas uns 300 veciños da zona.

Noticias web

25/08/2020