CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio de Ribeira que arrasou 175 hectáreas en dous días

Publicado o 08/09/2019 17:55

Amaina o forte vento que nos últimos días azoutou Galicia e iso nótase na situación dos lumes. A Xunta daba esta mañá por estabilizado o incendio forestal declarado na medianoite do venres entre Ribeira e Porto do Son. As lapas arrasaron 175 hectáreas.

O lume chegou a ter unha fronte de 4 quilómetros e obrigou a cortar durante varias horas a estrada que une Ribeira e Noia. Os efectivos que loitaron contra as lapas estiveron toda esta noite refrescando a zona para evitar que se reavivasen. En canto aos outros lumes dos que estabamos pendentes, seguen controlados o de Monforte e Lobeira e quedaron xa extinguidos o de Fisterra e o de Cenlle.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/09/2019