CRTVG

Buscar

Estabilizado o incendio da illa da Palma

Publicado o 24/08/2020 09:16

O incendio da illa da Palma está estabilizado, pero segue activo. O lume arrasou desde o venres 800 hectáreas de monte no noroeste da illa, onde se mantén a declaración de emerxencia, porque persiste a situación de perigo. Ten dous focos activos.

Os aproximadamente 300 veciños desaloxados volverán ás súas casas cando os técnicos comproben o estado das vivendas. Está previsto que hoxe continúen a traballar na extinción unhas 200 persoas sobre o terreo, axudados por once medios aéreos.

Noticias web

24/08/2020