CRTVG

Buscar

Redondela despide os tres mozos que faleceron no accidente de tráfico en Teis

Publicado o 31/05/2019 20:18

Redondela despediu esta tarde aos tres adolescentes da localidade que faleceron no accidente de tráfico en Teis. Sofia Pérez e Bieito Lovera recibiron sepultura no cemiterio da localidade mentres que as honras fúnebres por Sara Cal tiveron lugar en Pontevedra. Con anterioridade celebrouse un multitudinario funeral polos tres rapaces na igrexa parroquial de Redondela oficiada polo bispo da diócese de Tui-Vigo. Moitos dos asistentes tiveron que seguir a misa desde o exterior. No coche en que perderon a vida viaxaba outros dous mozos. O condutor, o único maior de idade, segue hospitalizado. O copiloto recibiu a alta este venres.




 

Noticias web

31/05/2019

Máis sobre actualidade