CRTVG

Buscar

Esta semana pódense solicitar as axudas para os sectores máis afectados pola pandemia

Publicado o 15/02/2021 09:56

A partir desta semana xa se poderán solicitar as axudas do segundo plan de rescate que pon en marcha a Xunta para botarlles unha man aos sectores máis afectados pola pandemia. 

As achegas cobraranse a partir de marzo e poderían chegar a uns corenta mil beneficiarios. Son, en total, 75 millóns de euros para autónomos e microempresas que acrediten unha baixada da facturación de máis do 45 por cento.

Hoxe haberá unha reunión da Xunta con representantes da hostalería para perfilar as subvencións; publicaranse entón no DOG as ordes que as van regular e xa se poderán empezar a tramitar.

Noticias web

15/02/2021