CRTVG

Buscar

Actívase o servizo de citas médicas do SERGAS por mensaxes móbiles

Publicado o 29/09/2019 14:52

O martes, co comezo de outubro, o SERGAS vai activar o servizo de citas médicas a través dun SMS no móbil do paciente. Esas SMS que enviará o SERGAS desde o 1 de outubro lembrarán ao paciente as citas programadas no hospital, por exemplo as citas cos especialistas, pero tamén os resultados de probas xa realizadas como as de cribado, por exemplo,a do cancro de colon.

O envío progresivo por parte do SERGAS desas SMS comezará na área sanitaria da Coruña e abarcará un millón oitocentos mil galegos e galegas nos vindeiros dous meses. A cifra de SMS que se van enviar, case dous millóns de mensaxes telefónicas, corresponde aos usuarios que xa lle facilitaron o número de teléfono ben ao seu médico de familia ou ben xa o xestionaran desde a WEB do SERGAS.

Así que os que queiran recibir as notificacións do servizo galego de saúde vía teléfono móbil deben facilitar o seu número privado indo ao centro de saúde que lle corresponde ou entrando na páxina

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/09/2019