CRTVG

Buscar

Esta noite xoga o Obradoiro ante o Valencia cun Birutis en estado de graza

Publicado o 27/10/2020 15:09

Birutis é sen dúbida a sensación do inicio ligueiro. Estreouse cunha exhibición ante o Fuenlabrada: 27 puntos, 12 rebotes e 42 de valoración. Seguíu como MVP de setembro e mantén o nivel, contribuíndo a que o Obradoiro sume xa cinco vitorias en sete xornadas.

Birutis: "Simplemente traballamos cada día. En cada adestramento, en cada partido tratamos de dar o máximo e amosar o mellor como equipo".

Un equipo que o acolleu coma unha familia. Iso é o que máis destaca do Obradoiro este lituano de 23 anos, tímido e talentoso.

Birutis: "O mellor é a química do equipo, a alegría, animámonos uns aos outros... temos un gran grupo".

E iso que lle falta por vivir o miudiño na Caldeira do Sar. Pero nesta temporada atípica en que o calendario non dá tregua, o Obradoiro recibe hoxe ao Valencia.

Birutis: "Temos que conseguir puntos dos rebotes. Así que a chave será a defensa. Non permitir moitos rebotes en ataque nin dar facilidades ao rival".

Un encontro no que non estará Mike Daum, que volveu sufrir unha escordadura de nocello.

Noticias web

27/10/2020