CRTVG

Buscar

Entran en vigor as novas restricións en Galicia

Publicado o 15/01/2021 00:03

• Pechan 63 concellos, o toque de queda é ás 22 h, a hostalería pecha ás 18 h e as xuntanzas limítanse a catro persoas

Oito mil axentes velarán polo cumprimento das medidas

• Os expertos recomendan o autoconfinamento

Este venres entran en vigor as novas medidas en Galicia. Os 60 concellos con nivel máximo de restricións terán peche perimetral. En toda a comunidade adiántase o toque de recollida ás dez da noite, as xuntanzas limítanse a catro persoas non conviventes, a hostalaría terá que pechar ás seis da tarde e o comercio ás nove e media do serán. 

As xuntanzas en lugares públicos e privados quedan limitadas en toda Galicia a catro persoas non conviventes. Con todo, a recomendación é que reduzamos ao máximo as relacións coas persoas que non viven con nós.

A hostalería pecha en toda Galicia ás 6 da tarde e nos concellos en nivel máximo os bares e restaurantes só poden atender en terraza. Os comercios teñen que pechar como moi tarde ás nove e media da noite.

O toque de recollida adiántase unha hora. Queda establecido entre as 10:00 da noite e as 6:00 da mañá.

Galicia queda dividida en dous niveis, os habitantes dos concellos que están en nivel máximo non poden nin entrar nin saír do municipio. As sete grandes cidades galegas están individualmente con peche perimetral.

A comunidade autónoma está pechada durante todo o mes de xaneiro, así que, non se pode nin entrar nin saír dela.

Noticias web

15/01/2021