CRTVG

Buscar

Esta madrugada comezaron a aplicarse os descontos nocturnos nas autoestradas autonómicas

Publicado o 01/10/2019 14:31

Desde as 12 desta noite comezaron a aplicarse os descontos nas peaxes das autoestradas autonómicas Puxeiros-Val Miñor e A Coruña-Carballo. Unha medida aplicable todos os días, a todo tipo de vehículos que conten cun sistema de telepeaxe, e que circulen entre as 12 e as 6 da madrugada. Os primeiros beneficiarios xa o notaron no seu peto, son os realizan traxectos reiterados por estas rutas ao longo da noite por exemplo para ir ou volver do traballo.

"Coincídeme co horario de saída de noite á unha e media, dúas da mañá, para min é perfecto. Sobre todo para as persoas que pasan a miúdo, todo o que sexa unha rebaixa é positivo", di un dos usuarios.

Moitos condutores descoñecían a nova, e ao sabela esta mañá mostrábanse satisfeitos coa redución de tarifas. 

"A verdade é que non o souben, pero mellor, todo o que sexa baixar o prezo, mellor. Todo o que baixen mellor porque xa é unha autopista cara", di outro.

Os descontos son de entre o 25 e o 50%. A rebaixa máxima, do 50%, é a partir do segundo traxecto de volta e sucesivos, realizados de noite e no mesmo día. Por exemplo, un camión que realice o traxecto de ida e volta de Carballo-A Coruña pasará de pagar 10,20 a 4,46 euros, se fai o mesmo entre Vigo e Baiona pasará de pagar 6,80 a 2,97 euros. A medida terá un custo próximo ao millón de euros.

Noticias web

01/10/2019