CRTVG

Buscar

Esta fin de semana celébrase o Arde Lucus máis atípico da súa historia

Publicado o 27/06/2020 21:36

Este ano estase celebrando o Arde Lucus máis atípico da súa historia, unha festa que esta fin de semana celebra a décimo novena edición e que, malia a pandemia que estamos sufrindo, quixo manter vivo o espírito festivo, como un endego para que, o ano que vén, o Arde Lucus recupere todo o esplendor que o caracteriza.

Entre os actos que castrexos e romanos celebran hoxe destacou a homenaxe que a Garda Pretoriana e a Cohors Lucensium fixeron a todas as vítimas da covid-19, cun desfile polas principais rúas do centro histórico de Lugo.

Noticias web

27/06/2020