CRTVG

Buscar

Esquerra mételle presión a Sánchez cunha consulta á militancia

Publicado o 21/11/2019 08:45

• A resposta coñecerase o luns, pero a decisión final vaina tomar a dirección

• O presidente en funcións amósase confiado na formación de goberno

Órdago de Esquerra, primeiro coa reunión con Junts per Cataluña para achegar posturas de cara á investidura de Sánchez, e a continuación co anuncio dunha consulta, con esta pregunta: "Está de acordo en rexeitar a investidura se non hai acordo para abordar o conflito político nunha mesa de negociación?".

A militancia responde o luns, pero a decisión final vaina tomar a dirección. Os socialistas non descartan abrir un foro de diálogo con eles, e Sánchez amósase confiado na formación de goberno.

Noticias web

21/11/2019