CRTVG

Buscar

Oito positivos no Fuenlabrada, á espera dos resultados das 46 probas PCR realizadas

Publicado o 21/07/2020 15:07

Sanitarios do Sergas achegáronse ao hotel coruñés onde está confinado o cadro de xogadores do Fuenlabrada para facerlles as probas PCR.

"En total realizáronse 46 probas de mostra, incluídas as oito persoas que nos dixeron que deron positivo onte á tarde", explica Luis Verde, xerente da área sanitaria. E engade que todos eles se atopan ben, pero que permanecen illados.

Entrementres, o hotel segue funcionando con total normalidade.

"Dixéronnos que as zonas comúns foran desinfectadas a conciencia, así que o risco é o mesmo que na rúa", di un hóspede.

"Se estaban xa contaxiados tiñan que dicilo e non involucrar a cidade e o hotel nun tema coma este", di outro cliente.

Á última hora desta tarde coñeceranse os novos resultados das PCR. A partir de aí, estableceranse novas medidas e actuacións proporcionais a eses resultados.

Noticias web

21/07/2020