CRTVG

Buscar

Espantallos contra a despoboación e o mal humor en Arbo

Publicado o 18/02/2020 14:26

Nunca pensou un grupo de amigas da Ermida, en Arbo, que a súa iniciativa ía converterse nun reclamo turístico. Polo san Xoán elaboraron espantallos e instaláronos nunha leira. Dende aquela dedican boa parte do seu tempo a esta tarefa. Fan bonecos inspirados nas diferentes épocas do ano e cada vez son máis os curiosos que non se resisten a visitalos. 

Entre risas, Margarita explica como comezou todo. Entre risas porque a alegría de vivir é o que caracteriza este grupo de mulleres da Ermida.

A cousa foi a máis e agora xa deseñan os espantallos inspirándose en cada época do ano.

A inicativa tivo tal éxito que cada vez máis curiosos se achegan a visitar estes espantalllos. Todos na Ermida están encantados porque é un xeito de visibilizar o seu concello.

Nunca imaxinaron ter tanta repercusión, por iso xa traballan en novos deseños. Pensan dar moita guerra porque este "eido das amigas", como elas o chaman, reforza os seus lazos de amizade converténdose na mellor da terapias contra o mal humor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/02/2020