CRTVG

Buscar

España vence a Rusia por 2-1 no primeiro duelo da Copa Davis

Publicado o 20/11/2019 08:09
España vence a Rusia por 2-1 no primeiro duelo da Copa Davis

O equipo español utilizou catro dos seus efectivos, Rafael Nadal, Feliciano López, Marcel Granollers e Roberto Bautista, para desgastar e vencer a Rusia, por 2-1 no Grupo B das Finais da Copa Davis, onde os españois necesitaron case seis horas e cuarto e acabar de madrugada para lograr o seu obxectivo.

Foi un maratón de tenis para os elixidos por Sergi Bruguera, que comezaron ás 18:00 e pecharon o duelo na pista Manolo Santana preto das dúas da madrugada, cando Feliciano López e Marcel Granollers venceron a Karen Khachanov e Andrei  Rublev, por 6-4 e 7-6 (5), nunha hora e 19 minutos.

Andrei  Rublev, 23 do mundo, derrotou o español Roberto Bautista por 3-6, 6-3 e 7-6 (0) e adiantou o seu equipo. Nadal sufriu tamén, pero sacou o seu duelo adiante fronte a Karen Khachanov, por 6-3 e 7-6 (7) en dúas horas e 20 minutos, para igualar o enfrontamento. España enfróntase este mércores a Croacia. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí