CRTVG

Buscar

Ascenden a dezasete os mortos con coronavirus en España e máis de seiscentos afectados

Publicado o 08/03/2020 17:56

O coronavirus deixa en España sete falecidos máis nas últimas hora, o que eleva o número a dezasete. Tres na Comunidade de Madrid, un en Aragón, tres no País Vasco...Todas persoas con patoloxías previas e idades que van dos 73 aos 92 anos. Os contaxios de coronavirus no noso país superan os seiscentos positivos.

A nivel mundial, os datos reflicten 3.656 fallecidos e 107.726 casos dos que 60.660 están recuperados. A China, con 3.097 fallecidos e 80.699 afectados acapara a maior porcentaxe.

Este domingo, a Consellería de Saúde de Murcia informou do primeiro caso de infección con covid-19 na rexión... unha muller de 27 anos que viaxou a Madrid.

Sanidade confirmou este mediodía que xa son 589 os contaxiados, 159 máis ca onte. Están concentrados nun 60 por cento en tres comunidades: País Vasco, A Rioxa e Madrid.

Nesta comunidade precisamente producíase nas últimas horas 3 falecementos, un máis en Aragón, e 3 no País Vasco, aumetando a 17 a cifra total. Trátase de persoas con patoloxías previas que comprenden idades desde os 73 aos 92 anos.

Desde Sanidade aseguran que o aumento de contaxios é o esperado, que se segue na fase de contención na expansión do coronavirus... e que en España non hai unha situación comunitaria "descontrolada" coma en Italia.

O ministro de Sanidade tras participar na reunión da comisión de seguimento aseguraba que o sistema sanitario español conta "con persoal e recursos suficientes" para seguir afrontando esta crise.

Este domingo, a Consellería de Saúde de Murcia informou do primeiro caso de infección con covid-19 na rexión: unha muller de 27 anos que viaxara a Madrid.

Sobre a situación na Rioxa, as autoridades sanitarias inciden en que a localidade de Haro non está nunha situación de illamento nin de corentena, senón que hai un grupo concreto de persoas que están en vixilancia activa.

 

Noticias web

08/03/2020