CRTVG

Buscar

España segue a sumar contaxios e gromos novos

Publicado o 09/08/2020 21:03

Puebla de Don Fabrique, en Granada, detectou trece positivos tras unha reunión de mozos noutra localidade próxima. O alcalde pechou a piscina, a bilbioteca e demais servizos municipais e pídelles aos veciños que eviten saír á rúa.

As cifras da pandemia seguen crecendo no conxunto de España. Cataluña notificou 1.091 contaxios e oito falecementos en 24 horas. O País Vasco, 343 positivos. Andalucía 287, ademais de dous mortos e seis gromos novos.

Estremadura, Murcia, Navarra, Asturias ou as Canarias tamén sumaron contaxiados.
Desde Cantabria advertían de que se está infectando moita xente nova. Un dos últimos ingresados nesa comunidade é un lactante.

Precisamente, as forzas da orde tiveron que intervir en Vime de Sanabria, en Zamora, porque se xuntaron máis de cen mozos de distintas comunidades para celebrar unha festa ilegal.
Nunha praia de Tenerife tamén se citaron máis de 60 rapaces co propósito de contaxiarse entre eles.

A maioría dos contaxios estanse producindo en reunións de familiares ou de amigos.
Vemos as probas masivas que se están facendo en Euskadi.

As autoridades insisten na necesidade de respectar as medidas de precaución, en especial usar a máscara e gardar a distancia social.

Noticias web

09/08/2020