CRTVG

Buscar

España pon rumbo ao Eurobasket de Letonia

Publicado o 25/06/2019 09:09

A selección española de baloncesto puxo rumbo a Letonia, onde disputará o Eurobasket entre o 27 de xuño e o sete de xullo. Entre as doce convocadas hai unha galega, Tamara Abalde. As rapazas que adestra Lucas Mondelo enfrontaranse na fase de grupos a Ucraína, Gran Bretaña, a quen derrotaron no último partido preparatorio, e Letonia. O equipo, vixente campión de Europa, debuta este xoves con Ucraína.

Laia Palau, selección española: "Sermos o mellor que poidamos cada día. Espero que isto nos leve a conseguirmos esta clasificación para os Xogos Olímpicos, e dende aí pensar a ver se podemos acadar metas superiores".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2019