CRTVG

Buscar

España pide 20.000 millóns á Unión Europea para financiar os ERTE e a prestación dos autónomos

Publicado o 03/08/2020 14:51
España pide 20.000 millóns á Unión Europea para financiar os ERTE e a prestación dos autónomos

España solicita 20.000 millóns de euros á Unión Europea para financiar os ERTE e a prestación dos autónomos por cesamento da actividade. É a través do programa SURE, que permite os préstamos para apoiar o emprego.

Púxose en marcha para paliar os efectos da covid-19. O importe final que reciba España dependerá, entre outros factores, das cantidades solicitadas polo resto de países. O fondo está dotado con 100.000 millóns. O crédito chegará en varios tramos. O primeiro este outono.

Noticias web

03/08/2020