CRTVG

Buscar

España perde a final do Mundial de Balonmán nun desenlace marcado pola polémica

Publicado o 15/12/2019 19:03

No balonmán, a selección española feminina quedou a un gol do título mundial. A final foi para Holanda, nun partido cun desenlace marcado pola polémica.

Trinta segundos antes do remate, Barbosa fallou un lanzamento ante a gardameta holandesa, clave no encontro. Cando Wester ía sacar, Ainhoa Hernández bloquea o seu saque. Aparentemente fóra da área, pero non foi iso o que interpretou a árbitra, que non só expulsou a xogadora española, senón que sinalou penalti a prol de Holanda. Oportunidade que non desaproveitou Abbingh dende os sete metros. Ao final, 29-30 no marcador.

Holanda proclámase campioa do mundo e obtén a clasificación directa para Toquio. España irá ao preolímpico despois da súa primeira prata mundial.

 

Noticias web

15/12/2019