CRTVG

Buscar

España non ten data para a reapertura das fronteiras exteriores

Publicado o 01/07/2020 14:55

España decidirá a reapertura das fronteiras exteriores aos 15 países seleccionados pola Unión Europea despois de analizar caso por caso. O Goberno aínda non concretou unha data, pero agarda facelo canto antes.

Á espera dos voos deses países, a terminal 1 de Baraxas recupera as ringleiras de viaxeiros nos mostradores de facturación. Son viaxes de traballo, de pracer e tamén de volta á casa despois de meses de confinamento.

Os que viaxan a España desde o exterior teñen que cubrir un cuestionario de saúde. É un dos controis establecidos para os viaxeiros internacionais.

Malia o peche das fronteiras, seguen os voos especiais para que poidan volver á casa moitos dos que quedaron varados noutros países.

Noticias web

01/07/2020