CRTVG

Buscar

España lidera a caída de matriculacións de vehículos en Europa

Publicado o 18/09/2019 15:13

Un dos datos máis significativos da marcha da economía é a matriculación de vehículos, en caída libre no só en España, senón en toda Europa. Un 8,6% de retroceso en agosto en relación ao mesmo mes do ano anterior. Pero, no noso país é máis preocupante, xa que é o da Unión Europea onde máis caeron as vendas de automóbiles, tanto de turismos coma de furgonetas, con máis dun 30% de caída.

Son datos publicados pola Asociación de Construtores Europeos de Automóbiles, que comparan o que se vendera en agosto do ano pasado fronte a este.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/09/2019