CRTVG

Buscar

Esixen a ampliación dunha estrada de Guísamo na que morreu atropelado un ciclista

Publicado o 15/02/2020 14:33

Concéntranse para esixir que se complete a ampliación da estrada. A segunda fase de proxecto está paralizada por Patrimonio, que catalogou como protexido o peche dun predio, xusto onde a vía é máis estreita. Segundo os veciños, o cerrado non ten máis de 25 anos.
Os veciños explican que "esta é unha estrada con moito tráfico de autobueses e de camións que usan moitos veciños. Parécenos que isto terían que acometelo xa". "Se aqui se expropiou para anchear a estrada e facer beirarrúas téñeno que facer tamén na parte de abaixo".

A semana pasada morreu aquí un ciclista atropelado por un camión. Os vehículos pesados utilizan a estrada como atallo. "Todo o mundo vén por aquí. Cando chegas aquí, como pasas?" "Aquí estréitase moito e os camións ocupan toda a vía porque non lles queda espazo. Convértese nunha zona moi perigosa".

O Concello de Bergondo e a Deputación van pedirlle á Secretaría Xeral de Patrominio que levante a protección do predio para poder executar a obra.
 

Noticias web

15/02/2020